Durante o mes de maio a Xunta decretou loito oficial en recordo das persoas falecidas pola pandemia do coronavirus e en solidariedade coas súas familias. Autoridades e funcionarios públicos da Delegación territorial da Xunta en Lugo sumáronse ao minuto de silencio ás portas do edificio administrativo da Ronda da Muralla. En maio as bandeiras oficiais ondean a media hasta como testemuña da dor de toda a cidadanía de Galicia.