A Agrupación Cultural Francisco Lanza promove, como todos os anos, a difusión do libro e cultura galegas, especialmente arredor do 17 de Maio. Por iso, temos un marcapáxinas e un caravel para todas aquelas persoas que compren un libro en galego nas librarías de Ribadeo. No marcapáxinas aparece unha foto de Belén Pérez Teijo e un texto de Carvalho Calero: “umha língua para perpetuar-se tem que exercitar-se”. Cun libro que espalla a nosa cultura, o confinamento vai ser máis levadeiro. Non confinemos o noso idioma, levémolo para as nosas casas tamén!