Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta subliña que a decisión de Alcoa é consecuencia da inacción do goberno e da súa falta de compromiso coa industria

18,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, participará no webinario #SeguimosAdiante, no que se avaliará a situación de autónomos, comercio e pemes de Lugo e as propostas da Xunta para reactivar a súa actividade. Na sala de xuntas da Consellería (4º andar).
foto xoán crespo
26/05/2020

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe que a decisión da factoría de Alcoa en San Cibrao é consecuencia da “inacción” do Goberno central e da súa falta de compromiso e de resposta á hora de establecer un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva. Ante esta situación, aseverou que a Xunta de Galicia seguirá ao lado dos traballadores, facendo con eles “unha fronte común”.

“A aposta ten que ser o emprego, ten que ser a industria, e o Goberno ten a última oportunidade de rectificar e non deixar á súa sorte a 500 familias que dependen dunha decisión política que non é outra que fixar un prezo eléctrico competitivo ás empresas electrointensivas”, remarcou Conde.

Segundo dixo, nun contexto de dificultade económica e social a nivel europeo, países como Francia e Alemaña están apostando pola industria e están adoptando decisións en favor da industria electrointensiva, mentres que o Goberno está abocando ao peche a unha empresa como Alcoa e impedindo que España poida fabricar aluminio primario.

“Neste momento de especial dificultade e especial dureza para os traballadores de Alcoa San Cibrao, non hai unha explicación que trasladarlles”, lamentou Conde, que apuntou ao impacto que esta decisión pode ter na comarca da Mariña e no resto da provincia de Lugo.

Conde lembrou que a Xunta leva máis de ano e medio reiterándolle ao Goberno que asuma as alegacións que se presentaron desde Galicia ao borrador de Estatuto dos consumidores electrointensivos que aínda está sen aprobar. E avanzou que o Executivo galego fará “unha fronte común cos traballadores” porque, segundo dixo, “non parece razoable que, nun contexto onde a prioridade é o emprego e a industria, haxa un Goberno en España que lle peche as portas a 500 traballadores e á industria electrointensiva en Galicia e en España”.

Exit mobile version