O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que axentes das brigadas da Consellería e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participan de forma voluntaria desta iniciativa, levando ao domicilio dos alumnos os libros e outros elementos que permanecía nas aulas para que poidan seguir facendo uso deles dende as súas casas.
A Xunta puxo este servizo á disposición dos centros educativos lucenses que imparten as etapas de educación infantil e primaria, para evitarlles desprazamentos ás familias e tamén que puntualmente puideran concorrer demasiadas persoas nas instalacións.
Os colexios que estean interesados deben poñerse en contacto coa Xefatura Territorial de Medio Rural na provincia; as familias indicarán o material que precisan recuperar e o centro e os axentes da brigada coordinarán a actuación.