Site icon Crónica3.com A Mariña

A Directiva da Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro valora moi positivamente as medidas tomadas polo Concello para paliar a crise económica derivada do peche dos negocios polo COVID19

 Viveiro, 5 de maio, 2020. A Xunta Directiva do CCHV amósase moi satisfeita con Plan de Reactivación económica que o Concello de Viveiro lle trasladou como iniciativas a por en marcha de cara a paliar os efectos económicos derivados da crise do COV19.

Agradecen que se tiveran en conta as peticións que a Asociación realizou na reunión mantida fai unhas semanas por videoconferencia e que se poidan levar a cabo co obxectivo principal de axudar ás pemes e autónomos que se enfrontan a un período de incertidume e grandes dificultades para retomar a súa actividade comercial.

Sendo conscientes do grande esforzo económico que supón para o Concello estas medidas, agora máis necesarias ca nunca, faise necesario este traballo en conxunto para apoiar os negocios locais.

Como avance destas medidas a Asociación recibiu onte da man do Concello 1.000 mascarillas quirúrxicas ca intención de que nas próximas semanas se poida achegar mais material para repartir entre os negocios e garantir así unha apertura segura.

Espérase nos vindeiros dias seguir mantendo reunións entre ambas partes co fin de abordar con mais detalle as medidas contempladas no Plan de Reactivación Económica, e ver en que prazos e de que maneira se van a levar a cabo.

Ó mesmo tempo o CCHV segue a facer acopio de distintos elementos hixiénico-sanitarios para repartir entre os negocios asociados, materiais como dispensadores de xel automáticos para colocar nas entradas dos negocios, xeles hidroalcohólicos, pantallas de protección facial, luvas desbotables, mascarillas reutilizables, mascarillas dun solo uso e cartelería específica para colocar nos locais como información á clientela. Todo isto co obxetivo de facer do comercio de Viveiro un comercio totalmente seguro para a compra, coidando a seguridade dos comerciantes e persoal das tendas e sobre todo para a tranquilidade dos nosos clientes.

Exit mobile version