O Vicedo, 15 de abril, 2020. Os “Videofaladoiros de Nordés” son unha iniciativa en forma de relatorios de curta duración a través da plataforma “Jitsi meet”.
O sábado 18, ás 19:00h., Xosé L. González falará sobre “os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña”. Este título ambiguo permite achegarse ás diferentes acepcións da palabra “mouro” na nosa aterra e ás distintas tipoloxías das referencias a eles na toponimia: nos nomes de lugares ou accidentes xeográficos, por exemplo, que agochan lendas e contos.
Como facer para asistir? É preciso anotarse antes do venres 17 ás 14.00h. en asociacion.nordes@gmail.com ou no 620417848 (Luis). Dende estos puntos facilitarase o link para entrar na sala da conferencia o sábado 18.
Se alguén ten dúbidas sobre o emprego desta plataforma, o venres 17, ás 19.00h., faremos unha proba para resolvelas.