Site icon Crónica3.com A Mariña

Rivas: “A paralise do goberno focense é un feito, non ten aprobados os orzamentos do 2020, non se comprou material de protección para a veciñanza e non se tomou medida económica algunha”

 Lugo, a 22 de abril de 2020. Despois de 40 días de decretado o estado de alarma onde o Partido Popular Foz mantivo unha posición de máximo respeto e confianza, acorde coa situación sanitaria de algúns dos nosos veciños e co confinamento da totalidade da poboación, vemos necesario romper ese silencio para mandarlle unha mensaxe a o goberno municipal, pouco activo e sen ideas para que esperte e se poña a funcionar de inmediato.

O Partido Popular lamenta que non se lle citara en ningún momento para evaluar a situación da crise polo Covid19; as únicas chamadas foron do noso portavoz ao propio Alcalde ofrecendo o seu apoio e interesándose pola situación da residencia coa que ademáis o Partido Popular mantivo unha fluída comunicación a través da súa directora e coordinando coa Xunta de Galicia os envíos de material e desinfeccións que se están facendo.

Cremos que é o tempo de que o goberno se reinicie e esperte da súa parálise, de que tome medias para a saída do confinamento, non temos constancia de que se compraran mascarillas para repartir cos veciños que teñen dificultade para atopalas igual que están facendo outros concellos.

A falta de previsión é tal, que co goberno máis amplo da historia e con varias dedicacións, seguimos cos orzamentos do PP e FPF e que PSOE e BNG votaran en contra. A oposición non recibiu a día de hoxe un so borrador nin propostas do mesmo, algo que entendemos é inexplicable tendo unha maioría olgada para aprobalo e sendo fundamental para activar a economía local.

E tal a deixadez que a día de hoxe non se tomou unha soa decisión para paliar os efectos da crise no noso comercio, na hostalería nin nas pequenas empresas familiares que levan paradas mes e medio e teñen un futuro por diante moi complexo.Ségueselles cobrando os mesmos impostos e taxas que antes do estado de alarma, sen apenas utilizalos, como son os servizos de recollida do lixo, auga ou mesmo a ocupación de vías públicas, que propoñemos sexan condonados aos afectados durante os meses de cerre.

O PP ofrecese para aprobar medidas económicas reais de rebaixa de taxas e impostos a empresas e autónomos afectados polo cerre, e propón que se use parte do remanente que deixou o anterior goberno de máis de 4 millóns de euros e depositados nas contas bancarias do Concello para axudas directas ao sector produtivo focense para que activen a economía local e axuden a conservar o emprego.

Sres do Bipartito, Non podemos ir á cola dos Concellos que menos resposta están dando á crise sanitaria e económica do Covid19 esperando que outras administracións lle resolvan os problemas locais que vostedes non afrontan, van a ter o apoio do Partido Popular pero sempre que se tomen decisións reais e de activación e se esperte da modorra á que nos teñen acostumados. Percibimos que seguen excesivamente acomodados na inercia que traía o Concello grazas aos 8 anos de goberno activo do Partido Popular e deben espabilar porque iso non vai durar sempre.

Exit mobile version