Cervo, 22 de abril, 2020. En conmemoración do Día do Libro, que se celebra este xoves 23 de Abril, o Concello de Cervo leva a cabo a actividade Relato na Rede, que consiste en crear unha historia colaborativa a través da rede social Facebook.
Durante o xoves, a través do Facebook Concello de Cervo // Ayuntamiento de Cervo crearase un relato interactivo que se irá xerando grazas ás aportacións de todos/as os/as participantes que se inscriban ata mañá ás 12:00h no correo cervocultura@gmail.com
O procedemento será o seguinte:
Facilitaremos unha introdución no muro de Facebook que estruturará a historia. A partír de aí o relato irá collendo forma a través dos comentarios desa mesma publicación. Eses comentarios estarán escritos con total liberdade polas persoas previamente inscritas que nós vaiamos nomeando. Despois de subir ese comentario, etiquetaremos á seguinte persoa encargada de seguir coa historia, e así sucesivamente.
Tanto a introdución como o desenlace do relato serán proporcionados polo Concello, así que as persoas participantes serán as encargadas de desenvolver o nó.
Agardamos crear un relato creativo, orixinal e fermoso co enriquecemento que supón a colaboración de todos e todas.
#Cervocultura #Cervoquedanacasa #Aculturasegue