Loureiro interesouse polos controis que neste sentido se están a seguir para a execución destas actuacións, asegurándose, por parte da Presidenta do ente autonómico, que se está cumprindo todos os protocolos e procedementos medio ambientais.
Na mañá de hoxe, ademais, a Técnica Municipal de Medio Ambiente achegouse ata a praia de Covas, lugar no que se iniciaron os traballos co dragaxe da canle de acceso e o verquido na praia.
Trátase dunha obra de gran magnitude, que conleva a tramitación dun expediente moi amplo, no que se inclúen autorizacións sectoriais e gran cantidade de analíticas de control medio ambiental previas.
O Concello de Viveiro tiña constancia de que o propio proxecto das obras inclúe un “Programa de vixiancia ambiental”, cun director de vixiancia ambiental e varios técnicos, no que se detallan pormenorizadamente todas as actuacións, controis, informes e analíticas que deben realizarse para levar a cabo o seguimento ambiental necesario, considerando, neste sentido, que se trata dun proxecto moi esixente no que se realiza unha avaliación pormemorizada antes, durante e despois das obras.
Neste sentido, de feito, dende o Concello de Viveiro vanse intentar realizar as xestións oportunas co fin de solicitar que se nos remitan os informes medioambientais que se emitan, por parte dos técnicos competentes, con respecto a este seguimento medioambiental.
O Concello de Viveiro non ten competencias con respecto á vixiancia ambiental desta obra, pero é evidente que se trata dunha actuación que nos preocupa e con respecto á que seguiremos a realizar as xestións de seguimento, como as realizadas no día de hoxe, de cara a constatar por parte da administración promotora o cumprimento dos parámetros establecidos no propio proxecto.