Site icon Crónica3.com A Mariña

“Por Viveiro, insta ao goberno municipal á elaboración duns presupostos municipais de emerxencia, e a elaboración dun plan de reactivación económica do concello”

Viveiro, 20 de abril de 2020. Os independentes de Por Viveiro, participaron o pasado venres nunha reunión entre os distintos portavoces políticos de Viveiro, directivos das asociación de comerciantes de Viveiro e o representante da Federación de Comercio da Mariña.
Na reunión a proposta independente foi a de instar ao goberno municipal á elaboración duns ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA así como a creación dun PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA para o sector servizos de Viveiro, o cal supón un 50% da nosa actividade económica.
Bernardo Fraga, portavoz municipal de Por Viveiro, apoiou as propostas das asociación de comerciantes, e declarou “o Concello de Viveiro, dentro das súas competencias, ten que estar á altura das circunstancias, e actuar coa determinación necesaria para evitar un peche masivo dos establecementos comerciais”
“O comercio e hostelería local, hoxe pechados, supoñen centos de postos de traballo, directos e indirectos, que dadas as circunstancias actuais, están en risco serio de desaparición. O Concello debe actuar rápido e poñer todos os recursos posibles á disposición dos que máis o necesitan neste momento.
Os independentes de Por Viveiro ademáis, avogan por empregar os recursos económicos; que ían ser destinados ás actividades culturais, deportivas e festivas, que xa non se levaron adiante, nin se levarán durante o verán; nas axudas a traballadores, autónomos e pymes.
Finalmente, reiteraron, “dende o minuto 0 da crise do COVID-19 puxémonos ao servizo do Goberno Municipal, para colaborar en todo o que sexa necesario, seguimos dispostos a traballar en conxunto, se así o consideran dende o goberno”

Exit mobile version