Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro dona 550€ para a compra de alimentos de primeira necesidade para ás persoas en situación de vulnerabilidade do Concello

Viveiro, 6 de abirl, 2020. Cumprindo a nosa promesa, este mes remataremos de devolver todos os microcréditos suscritos para a financiación da campaña das municipais do pasado ano. Varias das persoas colaboradoras, instáronnos a donar as cantidades aportadas para fins sociais. Isto sumado a un esforzo da nosa pequena organización supón unha aportación de 550€, para as persoas que máis o precisan, na difícil situación que estamos vivindo. Dende a organización, animamos a todas as veciñas e veciños a cumprir as normas establecidas.

Exit mobile version