Lugo, a 07 de abril de 2020. Os deputados provinciais do PP de Lugo doarán o 30% do seu soldo de abril e indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Deputación para loitar contra o COVID-19. O grupo provincial quere agradecer tamén toda a axuda e doazóns que particulares e empresas da provincia está realizando.
O importe correspondente á doación dos deputados provincias de Lugo irá destinado á compra, por medio da Xunta de Galicia, de material sanitario para a loita contra o coronavirus.
O portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, destaca o compromiso de todos os deputados do PP para contribuír ás necesidades derivadas desta pandemia. “É o momento de colaborar, porque toda a axuda é importante para loitar contra esta pandemia”, sinala.