Para asistir é preciso anotarse en asociacion.nordes@gmail.com
Nas “Cantigas de Santa María” (Afonso X O Sabio, s.XIII) atopamos un milagre onde a Virxe enche os “orrios” de “boo trigo” logo de que os seus propietarios lle roguen por non ter para comer.
A terceira videoconferencia de Nordés titúlase “Os cabozos da parroquia de Suegos (O Vicedo)”. Viaxaremos ao século XXI da man de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, museóloga e natural desta parroquia, o sábado 2 de maio, ás 19:00h.
Non sabemos se nos cabozos de Santa María de Suegos se produciron milagres pero valoramos as diversas formas que toman nesta parroquia do Concello do Vicedo: mariñán, asturiano, tipo “ribadeo” e mixto. Unha convivencia que converte a Suegos nun lugar excepcional. Unhas construcións feitas para gardar trigo, millo ou moitos outros alimentos esenciais na dieta de cada momento. Achegarémonos a este elemento da arquitectura tradicional en Suegos coa fin de dar a coñecer e conservar a nosa cultura e a sabedoría popular ligada a ela.
Como ata agora, temos dúas opcións para escoitar a Aurelia:
1. presenza virtual en directo empregando a plataforma “Jitsi Meet” tendo a oportunidade de plantexar cuestións ao rematar o seu faladoiro. Para isto é preciso apuntarse antes do venres 1 de maio ás 14:00h en:
a. asociacion.nordes@gmail.com
b. 628566900 (Leti)
2. A través da canle de Youtube de Nordés o mesmo sábado