O Portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que facilitar conexión a Internet a todos os estudantes de Viveiro que o precisen non é un gasto inasumible polo Concello, nin unha xestión que requira longos prazos. Hai fórmulas moi sinxelas para poñer en práctica esta medida, di o portavoz popular, que poden ser resoltas en moi breve prazo e con custe moi moderado. Esta iniciativa foi exposta o pasado venres no transcurso da reunión telemática celebrada polos portavoces municipais.
Rodríguez di que esta proposta do PP sería innecesaria se o goberno municipal realmente tomara en serio a importancia do uso das novas tecnoloxías da comunicación, que se fai tan evidente nesta crise sanitaria debido ao confinamento para evitar contaxios. Da incomprensible falta de interese do goberno que preside a socialista María Loureiro pola implantación das novas tecnoloxías da idea o feito de que non solicitou (recoñece que nin sabía da súa existencia) os fondos europeos dispoñibles, por medio do Ministerio de Economía, para estender no municipio o acceso a Internet, pese a que tal iniciativa (WIFI4EU) ten como obxectivo proporcionar conectividade wifi pública gratuíta aos cidadáns.