“O presidente da Deputación está empeñado en confundir aos lucenses, e sinaladamente ás empresas e autónomos, coa súa propaganda do Plan Único”, di Javier Castiñeira. O portavoz popular aclara: “Entre os fines aos que os concellos poden dedicar os carto que reciban pola vía do Plan Único non figura o apoio as empresas, iso ten que quedar claro porque do contrario xéranse falsas e perigosas expectativas, que está abonando o PSOE con interese claramente partidista”.
O Plan Único, como lembra Castiñeira, deste ano é practicamente o mesmo que o que deseñou o anterior presidente da Deputación, Darío Campos. Incluso no orzamento. “No PP -di Castiñeira- intentamos que o goberno provincial incrementara en 700.000 euros o presuposto total do Plan, pero o PSOE e o BNG impedírono, usando desculpas de mal pagador”. Este plan, polo tanto, é case igual que “o que se aprobou con Darío Campos antes da crise sanitaria e das súas consecuencias económicas; está claro que as circunstancias non son as mesmas e que o plan é claramente insuficiente”.
O PP reclama a José Tomé, unha vez máis, que deseñe medidas de aplicación directa pola Deputación para a reactivación da economía na provincia, en canto finalice o confinamento, porque serán imprescindibles para a supervivencia de moitos negocios, que xeran emprego e moven a economía. Castiñeira explica: “Ese plan, necesariamente, ten que botar man do remanente da Deputación, que importa ao redor de 60 millóns”. O portavoz municipal engadiu: “O goberno provincial terá o apoio do PP para dedicar parte do remanente a apoiar ás empresas de Lugo; é inaudito que, nunha situación como a que vivimos, a Deputación no use eses cartos, que totalizan máis da metade do presuposto provincial”. Tamén dixo: “O goberno provincial contará co noso apoio para facer a correspondente modificación do presuposto para usar eses remanentes para apoiar as empresas; apoiaremos unha medida así como no seu día apoiamos o uso do remanente para o plan de estradas, que pactaron o señor Campos e a señora Candia, por importe de cinco millóns”.