O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.
Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.
Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.
Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.
Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,…. para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!
Temos habiltado o seguinte correo electrónico sevicios.sociales@xove.es, así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademáis de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.