Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro recibe 4.000 novas mascarillas da Deputación, que destinará ao persoal municipal e á veciñanza qe teña que realizar xestións nas dependencias municipais

 Viveiro, 25 de abril de 2020. O Concello de Viveiro destinará as 4.000 mascarillas entregadas no día de onte por parte da Deputación Provincial de Lugo tanto ao persoal municipal como a todos os veciños e veciñas que Viveiro que teñan que realizar xestións nas dependencias municipais, para que poidan acceder a estas instalacións con tranquilidade e seguridade.
A decisión tomouse tendo en conta que é necesario prepararse para o momento no que remate o confinamento actual e poidan reabrirse as instalación municipais, co obxectivo de que a súa reapertura poida realizarse con todas as garantías de seguridade e protección.
Por outra parte, grazas á iniciativa solidaria posta en marcha polo Concello de Viveiro para a confección de mascarillas e á gran labor dos voluntarios e voluntarias que se sumaron a este proxecto, así como de todas aquelas persoas que doaron o material necesario ou que se encargaron da súa distribución, o concello repartiu xa cerca de 7.000 unidades, que se entregaron nas residencias de maiores, no centro de saúde, nas gasolineras, nos establecementos comerciais e entre os grupos de risco e nenos e nenas que precisaban saír á rúa.
Ademais, destina todo o material que semanalmente recibe da Xunta de Galicia en cubrir as necesidades propias do persoal municipal (Policía Local, Protección Civil, Xardinaría…) e, na medida do posible, colabórase coas residencias e co centro de saúde.

Exit mobile version