O concello tomou a decisión á vista da nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, ditada en data 3 de abril de 2020, pola Dirección Xeral de Saúde Pública, pertencente á Consellería de Sanidade da Xunta.
Nese documento, entre outros aspectos, se fai referencia ás fontes públicas, sinalando que son instalacións onde se pode ter máis contacto coas mans ou a boca e non se pode garantir a ausencia de COVID-19 na superficie das billas e doutros elementos construtivos. A Xunta recomenda que non se utilicen mentres dure esta crise sanitaria, ou, nos casos que sexa posible, que se deixen sen funcionamento e se adopten as medidas para evitar o acceso.
o Concello de Viveiro, no día de hoxe, procedeu polo tanto ao precintado das fontes públicas publicando un bando informativo no que se dá conta desta medida e se indica que, en cumprimento do disposto na referida nota informativa, por motivos de seguridade e saúde pública, as fontes públicas non poderán ser utilizadas.