O 15 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están as bases dos dous certames.
No segundo concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). As fotos deben ser de dentro da casa ou feitas desde a ventá.
E o terceiro concurso de debuxo está dirixido a nen@ e moz@s do concello de Foz e hai 5 categorías: para alumnado de Infantil, de primeiro ciclo de Primaria, de segundo ciclo de Primaria, de Secundaria e de Bacharelato.
O concelleiro de Educación e Cultura, Héctor Moris, salienta que “os premios son vales de compra para o comercio de Foz. E a temática é as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar), que está intimamente relacionada co Obxectivo 12 da Axenda 2030, coa que esta administración mostra o seu total compromiso, o cal promove unha xestión sostible e un uso eficiente dos recursos naturais, reducir a xeración de residuos e desperdicios de alimentos, así como promove unha xestión ecolóxica dos produtos químicos”.