En concreto, chegaron ás instalacións municipais, 600 luvas, 300 máscaras cirúrxicas e 13 traxes buzo, ademais de xel hidroalcohólico e lixivia, que xa foi inventariado polos servizos municipais correspondentes; e que será destinado, en primeira instancia, ao persoal dos Servizos Sociais municipais, en función das necesidades.
Estes medios que chegaron no día de hoxe, súmanse a outra remesa de material que nos fixo chegar a Administración autonómica o 24 de marzo de 200 luvas e 80 máscaras. Ademais, tamén lle facilitou ao Servizo de Emerxencias Municipal alcohol desinfectante para diferentes tarefas de limpeza e desinfección.
Desde o Concello de Cervo queren agradecer especialmente a todos “os particulares, empresas privadas e organizacións, así como á Xunta de Galicia, como única administración pública que se puxo en contacto con nós, “ese sobreesforzo que están a facer para poder confeccionar, reunir e distribuír este material tan necesario para nós, sabedores como somos, das dificultades que existen no mercado á hora de adquirir estes medios”.
O envío destes novos EPIs –engaden- “é sen dúbida unha axuda importante para este Concello á hora de poder afrontar esta crise que nos golpea a todos”.