Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros pon en marcha o servizo de impresión de tarefas escolares para as persoas que non poidan facelo nas casas

 Barreiros, 3 de abril de 2020. O Concello de Barreiros pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares para que aquelas persoas que non teñan a posibilidade de facelo nas súas casas.
A alcaldesa explica que se puxeron en contacto cos colexios do municipio para trasladarlles a posibilidade de artellar este servizo e coordinarse para que a impresión e reparto dos traballos poida facerse semanalmente, “evitando os desprazamentos innecesarios de persoas.”
O servizo estará coordinado polo departamento de informática municipal, poñendo a disposición das persoas que o precisen o número de teléfono 666.87.59.46 e o correo electrónico cemitbarreiros@gmail.com.
O envío das tarefas tamén se poden facer chegar por esas vías, por correo electrónico ou mesmo por whatsapp. A previsión é que as impresións se realicen unha vez á semana, entregándose nos domicilios coa mesma frecuencia.
“Tendo en conta que a vindeira semana coincide con vacacións lectivas, o servizo entrará en pleno funcionamento a partir do 13 de abril, aínda que xa están a disposición o teléfono (en horario de 9 a 14 de luns a venres) e o enderezo electrónico para dúbidas ou ir facendo a previsión das necesidades”, explica Ana Ermida. Porén, indican tamén que se hai persoas que teñen tarefas atrasadas ou que precisen do servizo antes desa semana, poden poñerse en contacto desde o vindeiro luns cos servizos municipais no 666.87.59.46 ou no correo cemitbarreiros@gmail.com
No caso de que o alumnado non conte con conexión a internet para descargar os traballos que lle envían desde o centro, tamén contarán con asistencia desde o Concello, podendo enviar o enderezo no que se deben obter ou organizándose co propio centro educativo.

Exit mobile version