Campos Conde explicou tamén que “o Concello modificará as ordenanzas municipais para eximir do pago dos recibos de auga e do lixo ás empresas e establecementos que tiveron que pechar polo COVI-19 na nosa vila. Estamos nun momento delicado e dende o Concello temos que contribuír a que todo o noso tecido empresarial e os nosos autónomos poidan voltar abrir as portas dos seus comercios, xa que son vitais nunha poboación pequena como a nosa”, remarcou.
O rexedor dixo que “todos os usuarios e usuarias das escolas deportivas, teatro ou música dependentes do Concello, teñen suspendidas o cobro das taxas municipais. As familias son o primeiro e non queremos deixar a ninguén atrás”.
Mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños
Por útimo enviou unha mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños. “É moi importante seguir coas recomendacións de sanidade para superar esta crise. Quedarse na casa é a mellor opción, dende o Concello seguimos traballando para que todos e todas poidamos voltar pronto á normalidade”, resumiu.