A Portavoz municipal do BNG pídelle a María Loureiro “que rectifique a postura do seu goberno e leve ao vindeiro pleno municipal dos orzamentos 2020, xunto coa aprobación dun Plan de reactivación da actividade económica, social e comercial, a aprobación deste Plan de Pago Personalizado de Tributos municipais. Equivocarse é humano e rectificar de sabi@s, pois é nestes momentos de crise onde máis se ve a necesidade e o acerto de implementar este Plan tributario á carta, que suporía tamén unha ferramenta máis de axuda para aquelas empresas e negocios de Viveiro que están a sufrir nestes momentos unha merma importantísima nos seus ingresos.
A formación nacionalista está convencida que co deseño e posta en marcha deste Plan de pago, no que se estabelecía unha bonificación do 3% na cota íntegra dos impostos, conseguiríase un impacto positivo tanto sobre a Facenda Municipal, que contaría con maior liquidez a corto prazo, como sobre xs veciñxs e empresas con obrigas tributarias que verían reducida a contía final cun 3% de desconto, pagos tales como, entre outros, o IBI, IAE, IVTM, taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e RSU.
Por outra banda, o BNG de Viveiro, ante a negativa da rexidora municipal a aceptar manter unha xuntanza con tod@s @s voceir@s da corporación e a Intervención municipal, vén de rexistrar un escrito dirixido ao servizo de intervención municipal ao obxecto de solicitarlle información sobre datos presupostarios e tributarios para poder valorar a situación económica na que se atopa o Concello, os recursos cos que conta e cal é a súa capacidade económica e financeira para poder apoiar ao tecido empresarial e social viveirense, que teñen que afrontar un complicado, duro e incerto contexto socioeconómico nos vindeiros meses, e poder así @s nacionalistas propoñer medidas específicas para desenvolver un Plan municipal de reacticación económica co fin de rebaixar, na medida do posible, o impacto da crise sanitaria da Covid19.