Aledámonos de que os acordos adoptados onte na Conferencia sectorial de Educación, afirma a nacionalista, vaian na liña do que vimos defendendo desde o BNG e tamén a comunidade educativa e lamenta que o confinamento evidenciara a enorme fenda dixital e económica que existe en Galiza, circunstancia, ao seu xuízo, que “en ningún caso debe prexudicar académicamente ao alumnado”.
“A Xunta non pode seguir botando balóns fóra” e por iso insistimos desde o BNG en que a conselleira de Educación debe comparecer no Parlamento como solicitamos hai máis dunha semana”, neste sentido, considera “urxente” que a titular de educación aclare a situación do alumnado de 2º de BAC e sobre todo os contidos que serán avaliados nas probas de acceso á universidade. Rodil reclama que a Xunta de Galiza remate coa incerteza sobre as oposicións e pide que sexan aprazadas ao ano 2021.
O BNG pide aprazar as oposicións ao ano 2021
“ Desde o BNG seguimos a defender que as oposicións sexan aprazadas ao 2021 garantindo a a oferta e mesmo a ampliación de prazas incluíndo aquelas que fixe a taxa de reposición”, recalca a deputada do BNG.