Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG exixe a convocatoria “inmediata” da Deputación permanente para tramitar as comparecencias de Núñez Feixóo e a conselleira de Educación

 Santiago de Compostela, 14 de abril, 2020. O BNG esixe a “convocatoria urxente da Deputación Permante para tramitar as solicitudes de comparecencias rexistradas pola oposición.

A deputada do BNG, Olalla Rodil considera “inadmisible” que o Partido popular pretenda “confinar” os dereitos democráticos e poder lexislativo e afirma que en democracia, “os presidentes comparecen diante do poder lexislativo, non só en roldas de prensa”.

Rodil explica que hai dúas solicitudes de comparecencia rexistradas pola oposición , desde hai unha semana, que continúan sen tramitar, a da conselleira de educación para aclarar o que vai acontecer co curso académico e a convocatoria das oposición, rexistrada o 6 de abril, e acomparencencia do presidente da Xunta para informar da situación real das residencias de maiores, rexistrada o 7 de abril.

A deputada critica a celeridade para tramitar, en apenas unhas horas, as comparecencias solicitadas pola Xunta de Galiza, o 23 de marzo e o 1 de abril, tendo lugar a convocatoria da Deputación Permanente, só uns días despois. Sen embargo hai máis de oito días que a oposición solicitou a convocatoria da Deputación Permanente e a presidencia do Parlamento “nin sequera tramitou esas solicitudes”.

Para a deputada resulta “inadmisíbel” que o Partido Popular pretenda confinar os dereitos democráticos e o poder lexislativo nun contexto de excepcionalidade como o actual no que as galegas e galegos precisan información e respostas ante a grave crise sanitaria provocada pola COVID-19 en Galiza.

Na situación de crise, “o goberno debe dar a cara no Parlamento” e non non fuxir del. En democracia, recalca Rodil, “os presidentes comparecen diante do poder lexislativo e non só en roldas de prensa”.

Exit mobile version