Isto levou a movementos asociativos como Plena Inclusión a denunciar a situación ante o Defensor do Pobo en vésperas do 2 de abril, Día Internacional do Autismo, subliñando as repercusións directas na saúde física e psicolóxica das persoas, con ou sen discapacidade, que derivan de tales accións.
Doutra banda, movementos como Plena inclusión opóñense á opción de que as persoas con discapacidade saian á rúa portando distintivos que lles identifiquen, tal e como estivo circulando nas redes sociais, xa que iso vai en contra da Convención da ONU sobre Dereitos das persoas con Discapacidade na que se defende o respecto á privacidade, e onde se engade que as persoas con discapacidade teñen dereito a ser protexidas de toda inxerencia arbitraria na súa vida privada.
Por todo isto, e ante posibles situacións similares neste concello, o BNG de Viveiro solicita ao equipo de goberno que dispoña que os servizos policiais interveñan e garantan paseos sen incidentes, sancionando os feitos se é preciso xa que durante o estado de alarma estes deben asegurar o acceso a esa utilización xustificada e excepcional da vía pública.