Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés pon en marcha parola(r), rede de conversas telefónicas

 O Vicedo, 3 de abril, 2020. Nordés quere ser hoxe unha illa, como aquelas que cada día descubría Carvalho Calero no mar do mundo (“Futuro condicional”, 1982). E dende ela, tender pontes e ofrecer o noso apoio telefónico a aquelas persoas que están a pasar a cuarentena en solitario nos concellos do Vicedo, Mañón e Ortigueira. E, por iso, creamos parola(r), unha rede de conversas telefónicas.

Se queres falar ou coñeces a alguén que o precise, podémonos facer compañía dende as nosas casas.

Persoas voluntarias de Nordés, non profesionais, estarán ao outro lado da liña telefónica para botar unha parolada con quen decida chamar ao noso coordinador Ricardo, no 653756454. As persoas voluntarias comprométense a manter a confidencialidade dos contidos das conversas.

Para máis información empregade, por favor, o 653756454 (Ricardo) ou enviade un e-mail a asociación.nordes@gmail.com.

Exit mobile version