As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado continuou hoxe co reparto das 74.000 mascarillas que achegou á provincia o Goberno para facilitar a protección, nos seus desprazamentos laborais, das persoas que esta semana voltaron aos seus postos de traballo.
Rodríguez informou que o reparto deste material sanitario aos traballadores realizouse hoxe, no caso da cidade de Lugo na Estación de Autubouses, a usuarios das liñas de autobuses urbanos ao HULA e nos accesos aos polígonos do Ceao, As Gándaras e a Campiña.
Tamén se entregaron en estacións de autobuses e accesos aos polígonos industriais e portos, situados en Viveiro, Sarria, Quiroga, Chantada, Ribadeo, Foz, Burela, Vilalba, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Rábade, Monterroso, Muras, Xermade, Begonte, Friol, Guitiriz, Castro de Rei, A Pastoriza, Meira, Pol e Cospeito.
Mañá continuará o reparto en Monforte de Lemos e en Quiroga, dado que nestes dous concellos tiveron xornada festiva hoxe, no primeiro dos municipios, e onte, no segundo.
A subdelegada destacou o traballo feito pola Policía Nacional e a Garda Civil, que contaron coa colaboración das Policías locais, de Protección Civil e da Policía Autonómica no dispositivo organizado para a distribución deste material sanitario.