“A desescalada non se pode deseñar ao servizo dos intereses electorais de Feijóo, senón dos intereses sanitarios dos galegos e galegas”, sinalou.
Gómez Reino lembrou que os datos epidemiolóxicos seguen a ser moi graves, e que o presidente da Xunta debería centrarse en combater a emerxencia sanitaria e non en transmitir una imaxe irreal de recuperación falando dun falso descenso da incidencia da epidemia.
“Iso pode poñer en risco a recuperación e provocar que un repunte nun futuro próximo. Pero Feijóo semella estar máis preocupado por dicirlle á xente o que quere oír que de exercer como líder dun Goberno responsable”, dixo.
O voceiro de Galicia en Común subliñou que a epidemia non está vencida. “Os argumentos que emprega Feijóo son falsos. Cando di que xa hai 140 municipios libres de Corona virus, iso quere dicir que aínda hai 273 municipios afectados. E cando fala de empregar as áreas sanitarias para delimitar as condicións da desescalada, oculta que foi el quen pechou catro das once áreas sanitarias que tiña Galicia”.
Gómez Reino manifestou a súa solidariedade co persoal do hospital Montecelo de Pontevedra, onde a Xunta acaba de pechar a UCI en plena emerxencia sanitaria e onde médicas e enfermeiros celebraron esta mañá unha concentración para esixir ao Servizo Galego de Saúde os equipos de protección que precisan.
“Todas as competencias en materia sanitaria están en mans do Goberno galego, por que non as exerce”, se preguntou.
Tamén recordou que a coalición leva mes e medio reclamando á Xunta que interveña e medicalice as residencias de maiores, que seguen desamparadas e rexistrando casos e denuncias de usuarios, traballadores e familias por falta de medios materiais e humanos.
Nese sentido, o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas lembrou que a coalición levou onte esa petición á Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, cuxa sesión non foi emitida polos medios públicos da Compañía Radio e Televisión de Galicia.
“Feijóo á contraprogramou cunha rolda de prensa para seguir facendo propaganda e ocultar as críticas da oposición. E impide que a Mesa se reúna para eludir a súa obriga de comparecer ante o Parlamento e render contas da súa xestión. É unha deslealdade e unha falta de respecto á cidadanía”, concluíu.