Este mércores o Concello de Xove comezou coa entrega de mascarillas aos seus veciños
redac
O reparto vaise facer dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diariamente en horario de 10:00 a 13:30 horas. Estas mascarillas están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello. Serán repartidas ata agotar existencias e, segundo se vaian recibindo, seguiranse repartindo. O Concello agradece a tódalas persoas que están colaborando na súa realización e tamén a Alcoa, empresa que facilitou a tela especial coa que elaboran.