“É unha actuación esta moi necesaria, que os ribadenses estabamos agardando e tamén o tecido portuario local, xa que é un primeiro dragado de urxencia que se completará nos vindeiros meses”, afirma, pero tamén é, indica, “un exemplo máis de que o Goberno de Galicia non só goberna, senón que tamén xestiona”.
Proba delo, especifica Daniel vega, é o investimento total que fixo só este organismo dependente da administración autonómica nas infraestruturas portuarias de Ribadeo; 7,9 millóns que se distribúen do seguinte xeito:
Ensanchamento do peirao e canle de navegación: 4.249.068 euros
Naves do porto: 549.000 euros
Aumento cota de coroación do peirao comercial: 628.709 euros
Edificio de Servizos Portuarios: 461.123 euros
Acondicionamento do borde portuario: 1.193.378 euros
Obras no Clube Náutico de Ribadeo: 39.766 euros
Botaolas de protección nas instalacións náutico deportivas: 42.930 euros
Subministro eléctrico aos departamentos de Porcillán: 15.000
Reforzo da estabilidade do noiro do peirao comercial: 270.000
Reforzo do firme do peirao comercial: 60.000 euros
Plan de investimentos menores en portos: 113.512 euros
Mantemento en infraestruturas portuarias: 283.410 euros