Burela, 15 de abril, 2020. Tanto a OMS como os responsables sanitarios na xestión da crise do COVID 19 insisten na importancia das tarefas de desinfección de lugares públicos. A mobilización da UME para este feito demostra cal é o alcance de tales traballos.
Burela ten números espazos público e moitos edificios de xestión municipal, que aínda que hoxe estean pechados entendemos que coa apertura do confinamento serán de uso público de novo.
Unha vez máis a información que teñen os veciños de Burela sobre este tema é unicamente a que o Concello envía á prensa, sendo inexacta e incompleta. Por elo e diante da importancia de esta actuación e tamén en cumprimento da Lei de Transparencia e Bo Goberno, solicitamos publicamente do Concello de Burela:
A monitorización en tempo real na Web do Concello dos espazos que son desinfectandos.
A elaboración por parte da empresa concesionaria de limpeza dun plan de traballo de desinfección de a lo menos dous meses que sexa exposto ao público.
Que se inste á concesionaria a realizar estes traballos en aqueles comercios ou pemes que o soliciten, dentro das melloras do concurso público.
CxG propón medidas fáciles, imos ver a vontade política do “xestor” Sr. Llano.