Balseiro explica que esta medida preventiva acaba de incorporarse dentro da programación diaria que o GES estableceu durante esta situación de alerta sanitaria e na que tamén realizan tarefas de desinfección noutros puntos especialmente sensibles como é o caso do Hospital da Costa, ou da residencia e centro de saúde de San Ciprián.
O delegado fai extensible o agradecemento ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, con quen contactou para requirir que esta colaboración tivera un carácter periódico e non puntual. A Xunta de Galicia apoia con carácter ordinario o funcionamento dos GES, con achegas económicas dirixidas ao sostemento do seu persoal e material, malia que funcionalmente dependen do concello no que teñen a súa base, neste caso o de Cervo.