Site icon Crónica3.com A Mariña

As obras de mellora da estación de autobuses de Viveiro avanzan ao ritmo previsto e este mércores comezaron os traballos no interior das instalacións

A programación de traballos tamén inclúe o cambio da porta exterior de acceso dos autobuses á dársena e o pintado dos bordos. Ademais, prevense actuacións de mellora no interior do edificio, que afectarán principalmente aos falsos teitos e aos aseos. Tamén se colocarán unhas pantallas electrónicas para reforzar a información sobre as chegadas e saídas. As actuacións previstas van dirixidas a proporcionarlles aos usuarios unhas instalacións máis cómodas e eficientes e con máis información. O investimento destinado a estes traballos, 221.000 euros, é a actuación de maior contía das proxectadas para as melloras das estacións de autobuses da provincia

Exit mobile version