As postais e as chapas atópanse nos establecementos asociados esenciais que están abertos os días 2 e 3 de maio: Panadería Torviso, Gasolineira El Jardín, Os Irmandiños, Panaderías La Plaza, Bis a Bis, Pastelería La Candelaria, Grupo Valcarce, Panificadora del Eo, Beep Informática, Fauna, Morán e nas farmacias asociadas. “Hai locais que abren os dous días e hainos que so abren o sábado”, apuntan desde Acisa.
O colectivo empresarial engade que “respectando as normas do confinamento os nenos e as nenas que acompañen aos seus proxenitores a facer as compras esenciais poderán facerse con este obsequio para entregarlles ás mamás”. Trátase dunha postal de apoio ao comercio local ribadense na que cada quen poderá escribirlle a dedicatoria á súa nai e unha chapa na que se pode ler: “Prohibido renderse”.