Así, nestes días estanse subministrando mascarillas á Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Federación Galega de Comercio, aos empresarios da Estación de Autobuses de Lugo e Monbús a través da Federación galega de asociacións de transporte de viaxeiros en autocar, e a Norprevención a través de Arigal.
Balseiro explicou que a Xunta recibirá ao longo desta semana dous envíos máis de material, co que se repartirán máis de 2 millóns de mascarillas. A medida adquire importancia ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a Xunta.
As petición canalízanse a través dos clusters e asociación que agrupan aos destinatarios finais, e o material de protección chegará a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.
O reparto realízase desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non teñen que ver con centros médicos e hospitalarios.