Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta repartiu na provincia de lugo 156 ordenadores con conexión a internet para as familias con menos recursos

 Lugo, 15 de abril de 2020. A Xunta de Galicia completou a entrega de 156 ordenadores portátiles con conexións gratuítas a Internet destinados a familias con menos recursos cuxos fillos cursan Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional na provincia de Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que os portátiles entréganse ás familias a través dos seus centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos. O equipamento foi distribuído entre 37 Institutos de Ensino Secundario (IES) lugueses, 12 Centros Públicos Integrados (con Educación Primaria e Secundaria) e 3 Centros Integrados de Formación profesional (CIFP).

A familias recibirán os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma. Cada centro recibe tres equipos con conectividade, que distribúen entre as familias atendendo á súa situación socioeconómica e priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos fogares de ordenador nin de conexión a internet.

Esta medida, que se realiza en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange, forma parte do paquete de iniciativas que puxo en marcha a Xunta de Galicia para facilitar o seguimento en liña da actividade educativa.

Os equipos distribuíronse entre os seguintes centros educativos lugueses:

Na comarca de Lugo.

CPI Plurilingüe de Castroverde
Castroverde
CPI Dr. López Suárez
Friol
CPI Plurilingüe Tino Grandío
Guntín
IES Ánxel Fole
Lugo
IES Lucus Augusti
Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
Lugo
IES Xoán Montes
Lugo
IES Sanxillao
Lugo
IES Muralla Romana
Lugo
IES Leiras Pulpeiro
Lugo
CIPF Politécnico de Lugo
Lugo
CIPF As Mercedes
Lugo
IES Río Miño
Rábade

Na Mariña.

IES Alfoz-O Valadouro
Alfoz
IES Monte Castelo
Burela
IES Perdouro
Burela
IES Marqués de Sargadelos
Cervo
IES de Foz
Foz
IES Plurilingüe San Rosendo
Mondoñedo
IES Enrique Muruais
A Pontenova
IES Dionisio Gamallo
Ribadeo
CIFP Porta da Auga
Ribadeo
IES Vilar Ponte
Viveiro
IES María Sarmiento
Viveiro
IES Illa de Sarón
Xove

Na Terra Chá e Meira.

IES Fonmiñá
A Pastoriza
IES da Terra Chá
Castro de Rei
CPI Plurilingüe Virxe do Monte
Cospeito
IES Poeta Díaz Castro
Guitiriz
IES Pedregal de Irimia
Meira
IES Santiago Basanta Silva
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Vilalba

Na Zona Sur.

IES Lama das Quendas
Chantada
IES Val do Asma
Chantada
CPI Poeta Uxío Novoneyra
Folgoso do Courel
IES Francisco Daviña Rey
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Monforte de Lemos
CPI Dr. López Suárez
O Saviñao
IES de Quiroga
Quiroga
CPI San Tomé do Carballo
Taboada

Na comarca de Sarria.

CPI Ramón Piñeiro
Láncara
IES Gregorio Fernández
Sarria
IES Xograr Afonso Gómez
Sarria

Na Montaña.

CPI Luis Díaz Moreno
Baralla
IES de Becerreá
Becerreá
CPI de Cervantes
Cervantes
IES Plurilingüe Fontem Albei
A Fonsagrada
CPI Plurilingüe de Navia de S.
Navia de Suarna
CPI Uxío Novoneira
Pedrafita do Cebreiro

Na Ulloa.

IES de Monterroso
Monterroso
IES do Camiño
Palas de Rei

Exit mobile version