Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta lembra que xa distribuíu 7.100 unidades de protección nas catro residencias da Deputación

Lugo, 15 de abril de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, considera positivo que “por fin” a Deputación de Lugo anuncie a próxima adquisición de material de protección para os traballadores das residencias de titularidade provincial pero lembra que a administración autonómica xa distribuíu neses catro centros máis de 7.100 unidades de protección.

Balseiro explica que o Goberno galego adoptou esta iniciativa moito antes, atendendo ás carencias deste material das que alertaban o persoal destas residencias da Deputación e lembrou que por iso incluíron estes centros no reparto. De feito as residencias de Pol, Trabada, Fonsagrada e Ribadeo recibiron entre outras achegas da Xunta, máis de 4.250 mascarillas e 2.700 guantes, ademais doutro material de limpeza, desinfección e protección.

“Fixémolo por responsabilidade. E todo iso pese a que, lembremos, a competencia de compra e distribución de este material de protección non é da Xunta se non do Goberno central ou de quen é titular das instalacións, neste caso da Deputación”-explicou o delegado

Exit mobile version