Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta acomete este xoves labores de limpeza e desinfección en máis dunha trintena de espazos públicos de 21 concellos da provincia, 5 na Mariña

 Lugo, 16 de abril de 2020.- A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en 33 espazos públicos de 21 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na comarca da Mariña

Alfoz
Centro de saúde
O Valadouro
Centro de saúde e residencia de maiores
Xove
Centro de saúde e residencia de maiores San Bartolomeu
Ourol
Centro de saúde
O Vicedo
Centro de saúde

Exit mobile version