Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta acomete este mércores labores de limpeza e desinfección en case unha trintena de espazos públicos de 20 concellos da provincia, 2 deles na Mariña

 Lugo, 8 de abril de 2020. A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en preto dunha trintena de espazos públicos de 20 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na Montaña

Cervantes
Centro de saúde de San Román e consultorio médico en Doiras
Navia de Suarna
Centro de saúde
Becerreá
Centro de saúde e residencia de maiores
As Nogais
Centro de saúde
Pedrafita do Cebreiro
Centro de saúde
Baralla
Centro de saúde e residencia de maiores
Baleira
Centro de saúde e residencia de maiores

Na comarca da Mariña

Ourol
Centro de saúde
O Vicedo
Centro de saúde

Na comarca de Lugo

Rábade
Centro de saúde
Castroverde
Centro de saúde
O Corgo
Centro de saúde
Friol
Centro de saúde

Na comarca da Terra Chá

Abadín
Centro de saúde
Cospeito
Centros de saúde de Feira do Monte e Muimenta e residencia fogar de maiores

Na zona da Sur da provincia

Bóveda
Centro de saúde
A Pobra de Brollón
Centro de saúde
Quiroga
Centro de saúde
Ribas de Sil
Centro de saúde
Folgoso do Courel
Centros de saúde de Folgoso e Seoane

Exit mobile version