Cervo, 26 de Abril de 2020. Logo do anuncio de Alcoa de non poñer en marcha as cubas que cheguen o final da súa vida útil, os delegados de todas as empresas auxiliares da factoría de San Cibrao mantivemos conversas telefónicas para abordar a problemática e debater as posibles accións a tomar en protesta contra esta decisión.
Como primeira medida, serán máis se a situación se agrava, queremos propoñerlle a todos os traballadores das auxiliares a paralización de realización de horas extraordinarias.
Sería unha falta de empatía seguir facendo horas extras para facer crecer o salario, cando hai case un cento de compañeiros que están a piques de perder o seu posto de traballo.
Por iso pedimos a comprensión e solidariedade de todos/as e o apoio a dita medida.
Ata o de agora ningunha empresa das afectadas propuxo EREs, ERTEs ou despedimentos, máis se eses anuncios chegan, as medidas irán a máis e non vacilaremos na intención de defender todos e cada un dos nosos postos de traballo. A situación social na que vivimos por mor da crise do Covid-19 é moi complexa, máis estes delegados non permitirán que se confinen os dereitos da clase traballadora e se eliminen os seus postos de traballo.