Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A educadora familiar, Angélica Casabella, elabora material para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal

Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria. Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

Exit mobile version