Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG denuncia a existencia de caos fraudulentos na presentación de ERTES de forza maior polo covid-19

Lugo, a 02 de Abril de 2020. A CIG Lugo – A Mariña denuncia que lle están a chegar información por parte de traballadores e traballadoras de que no caso dos ERTE´s por Forza maior a causa do COVID-19 moitas empresas están utilizando a formula da retroactividad na data de Inicio do ERTE ao día 14 de Marzo de 2019, a pesar de que os traballadores e traballadoras tiveran traballado en datas posteriores, para aproveitar así de pagas as nóminas ate o día 14 e aforrarse o resto dos días traballados. Igualmente, son moitas as empresas que aproveitan esta situación para conceder periodos de vacacións, algo que tamén é absolutamente ilegal.

Dita actitude por parte das empresas constituen un fraude á seguridade social e ao SEPE e ademáis representa unha actitude absolutamente miserable, preocupándose exclusivamente dos seus intereses, cargando sobre as traballadores e traballadoras e sobre as arcas do Estado as obrigas que como empregadores teñen, o que consideramos uns feitos de extrema gravidade, e de absoluta falta de sensibilidade económica e social.

Nos momentos dunha crise sanitaria como a que estamos a vivir, cunhas consecuencias económico-laborais terribleis, de feito na provincia de Lugo a día de hoxe van presentados un total de 3571 ERTE´s que afectan a un total de 14573 traballadores/as, as actitudes para tentar sacar un pírrico proveito resultan absolutamente insolidarias e ruíns

Desde a CIG demandamos á Conselleria de Economía, Emprego e Industria, á Inspección de traballo, ao SEPE e á Seguridade Social a que presten especial atención a estes casos.

Igualmente, desde a CIG miraremos de impugnar por vía xudicial os casos dos que teñamos constancia, e mesmo valoramos presentar ante a fiscalía denuncia por se as empresas que están a recurrir a esta práctica poideran estar incurrindo noutro tipo de ilícitos á marxe da xurisdicción social.

Exit mobile version