Lugo, 22 de abril, 2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Unha das iniciativas que están a preparar é a campaña Abrimos las puertas para…, que consistirá nun vídeo no cal os hostaleiros enviarán unha mensaxe chea de positividad e esperanza a través das webs e das redes sociais.
O presidente da Asociación, Cheché Real, destaca que “o noso labor é tentar buscar solucións, como colectivo e dentro dos organismos nos que estamos integrados (CEHE e CEHAT), para que as consecuencias desta crise sanitaria sexan o menos prexudiciais posible”.
Os protagonistas desta campaña serán os hostaleiros da provincia, “a través dunha canción, que desvelaremos o día do seu lanzamento, demostraremos a nosa capacidade de loita, a nosa constancia e a nosa lealdade cara aos nosos clientes. Agora máis que nunca imos necesitar da axuda de todos para continuar co noso traballo”, destaca Real.
A campaña xa está en marcha e “temos a previsión de lanzala para a próxima semana”, afirma Cheché Real. “Todos aqueles hostaleiros, sexan ou non socios da nosa Asociación, están convidados a participar na nosa iniciativa”, engade.
Para participar só é necesario enviar un correo á seguinte dirección: delegacionzonasur@apehl.org. O persoal de Apehl será o encargado de explicar todo o necesario para iso.