Burela, 29 de abril, 2020. Máis aló da proposta do Señor Llano de destinar o remanente de tesoureira, por certo aínda descoñecido e sobre colectivo en risco de exclusión, non existe unha proposta firme e concreta de respaldo aos autónomos e ao emprego en Burela.
A incapacidade da equipa de goberno de Burela é manifesta, mentres os Concellos da comarca toman medidas de apoio ás empresas, en Burela as medidas son inexistentes. Desde Compromiso por Galicia Burela, aplaudimos aos distintos colectivos que están facendo entregas de material ao Concello, pero entendemos que pretender facer ver á opinión pública que este feito é xestión municipal é cando menos frívolo.
Dende CxG fixemos unha proposta de traballo en tres fases: Contención, Consolidación e Expansión con medidas concretas. A resposta do Concello foi o silencio. A mostra clara da falta de xestión é a celebración dun Pleno municipal o vindeiro dia 30 sen puntos en relación a COVID-19. Iso si coa nova privatización do servizo de limpeza viaria, esperamos que o BNG cumpra o seu programa neste senso e non facilite este contrato é máis a oposición non debería participar neste Pleno de pacotilla.
A falta de proxecto para Burela, e a falta de capacidade do goberno local provocan que os nosos empresarios e industriais compitan en inferioridade cos dos concellos veciños que si teñen o apoio dos seus rexedores, unha gran xestión política do señor Llano.