“Mar aberto: fuxidas marítimas en Ferrol e Ortegal 1936-1939” é o título do faladoiro de Eliseo Fernández, historiador ferrolán, para o sábado 25 de abril, ás 19:00h. Con este, serán dúas as videoconferencias organizadas pola asociación Nordés durante o confinamento, coa fin de facelo máis levadeiro.
O faladoiro tratará as evasións por mar que se produciron nos anos da guerra civil e posguerra, en concreto na zona de Ferrol (en Ares) e no Ortegal (Cariño e Espasante). Fugas nas que homes e mulleres contrarios ao bando franquista intentaban chegar á zona republicana ou a Francia, a bordo de pequenas lanchas, bous ou barcos semellantes partindo de moitos sitios da costa galega.
Por tanto, o relatorio proponse de dúas maneiras distintas:
A presenza virtual en directo empregando a plataforma “Jitsi Meet” tendo a oportunidade de plantexar cuestións ao rematar o seu faladoiro. É preciso apuntarse antes do venres 24 ás 14:00h cun e-mail a asociacion.nordes@gmail.com. Cunha chamada/mensaxe (Telegram) ao 620417848. Dende aquí xestionaremos o envío do link preciso para entrar na sala da videoconferencia o sábado 25.
Pódese asistir dende móbil, tablet ou ordenador. A través da canle de Youtube de Nordés, con emisión en directo e en diferido.
Co obxectivo de correxir por adiantado erros de funcionamento no “Jitsi Meet” que poidesen afectar á emisión en directo ou para calquera dúbida quedamos o venres 24 ás 19:00h.