O home de 60 anos ingresou no Hospital da Costa o domingo cun cuadro de neumonía. Trasladado ao Hula, deu positivo na proba PCR polo que quedou ingresado en zona de aillamento. Agárdase polo resultado dunha segunda proba, mais todo fai prever que esta confirme que se trata do Covid19.