Foron escoitadas e aceptadas as 3 demandas que levaba o BNG a mans da súa portavoz, Míriam Bermúdez, as cales foron:
Habilitar e medicalizar o Albergue Xuvenil de Area, titularidade da Xunta de Galiza, de ser posíbel nas vindeiras datas debido ao gran incremento de afectadxs que se prevee polo COVID-19. Após de coñecer as declaracións do presidente da Xunta relacionadas coa intención de medicalizar os hoteis en caso de ser preciso.
Moratoria de pago daqueles impostos locais que van vencer e a paralizacion inmediata das cotas de servizos municipais que non prestan debido a corentena desta crise sanitaria, como son a Piscina Municipal, Gardería e Servizos Sociais.
Estar en constante comunicación cos dous centros de maiores ubicados no termo municipal de Viveiro, a Residencia de Betania e a Residencia Domus VI Viveiro, para estar en constante mellora das medidas de prevención e seguridade dxs usuarixs e traballadorxs.
Míriam Bermúdez recalca “desde o BNG reiteramos a total e leal colaboración para loitar contra a crise do coronavirus no Concello. Nunha situación así, toda forza que fagamos é pouca pero necesaria, por iso preguntamos ao resto de grupos da corporación municipal se querían formar parte da petición á Xunta de Galiza de medicalizar o albergue de Area, onde todos aceptaron redactalo en conxunto.”
Tamén a portavoz do BNG viveirense pide que estas reunións non sexan máis das necesarias e se faigan por vía telemática, “temos que comprender a situación de alarma na que vivimos, non ten sentido expoñernos nós e expoñer aínda máis ás forzas do estado e as locais, como tampouco á pobocación coa que nos crucemos polo traxecto de maneira innecesaria”.