Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspensión de actos en Xove

Debido á alerta sanitaria do coronavirus, o Concello decide cancelar a celebración da XV Festa do lacón e Foliada da Mariña que a Asociación Saiñas de Xove tiña previsto celebrar no Pavillón de Deportes este sábado, 14 de marzo. Suspéndese tamén a celebración da Ruta do cabalo que a Asociación de Cabaleiros da Medela tiña previsto celebrar o domingo.

Exit mobile version