Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación da Asociación Tá en Artes para os vindeiros meses

 A Mariña, 11 de marzo, 2020. A Asociación cultural Tá en artes quere comunicar á sociedade da Mariña os actos programados para este ano:
1- Homenaxe a Quique Guerra no Concello de Cervo. Exposición retrospectiva na sala As carboeiras de Sargadelos. a partir do día 2 de Abril do 2020, organizada pola area de Cultura do Concello de Cervo.
2- Semana das Artes plásticas no Cenima de Foz a partir do 8 de Abril, na que participan 26 artistas e unha pequena mostra do traballo de Quique Guerra. Esta exposición permanecerá aberta ata o 8 de Maio, contará ca guía de dous/as monitores/as, que farán o percorrido da mostra cos máis dos 1.700 alumnos/as dos centros escolares da Mariña e os seus/súas profesores/as correspondentes. Estas visitas guiadas iran acompañadas de talleres que están a ser deseñados. Editarase un catálogo da mostra con unha tirada de 400 exemplares. Para a poboación en xeneral abriranse os xoves, sábados e domingos. Temos que consignar o dato extraordinario da colaboración de tódalas institución do país como a de a Xunta de Galicia na área de Cultura, a Deputación Provincial, así mesmo na súa área de Cultura, a Mancomunidade da Mariña, e o propio Concello de Foz. A mostra trata de establecer un Diálogo plástico entre os/as artistas da Mariña que convidan, cada un/unha, a representantes plásticos de outros lugares. Este ano a organización invitaba a dous artistas fora da Mariña, dentro do mesmo concepto de “diálogo” de contrastada traxectoria como é a pintora coruñesa María Xesús Díaz, e o fotógrafo de Redondela Luis Pereira, o resto dos artistas e por bloque de diálogo serán: Xoán Guerreiro- Juan Lomarti; Pablo Livio – edu Albo; Otero Regal-Carmen Soriano; Neira Brochs- Susana Muñoz; Mauro Leivas- Carmen Soilán; Juanel Ponte- Chus Lage ; David Catá – Irene Cruz; Cristina Sánchez- Rosa Guisán; Daniel Caxigueiro – Pilar Rei; Alberto Pena- Carmen Hermo; Adri Pardo- Ana Beltran.
3- Exposición de Centros escolares da Mariña no Cenima de Foz. Entre o 1 de Xuño e o 19 de Xuño. Durante todo o ano, nenos e nenas dos centros escolares da Mariña traballan o redor da figura de Quique Guerra, e o lema Ciencia e Historia. Así mesmo e en colaboración ca Asociación IGACIENCIA, desenvolveranse talleres de Arte e Ciencia. Editarase o terceiro número da Revista escolar de Arte co patrocinio da Xunta de Galicia na área de Política Lingüística, Concello de Foz, Deputación provincial área de Cultura e Concello de Foz.
4- Exposición antolóxica no Museo Provincial.

Exit mobile version